Este Domingo o deporte pontevedrés en xeral e o rugby en particular vivirá un momento histórico. A tan agardada inauguración do estadio Municipal de Monteporreiro.
E chega no mellor momento do noso deporte na cidade, O primeiro partido que verá este campo será o Pontevedra Rugby Club- Os Ingleses de Vilagarcia de categoria sub 16 Ultimo partido de liga que consagrará a estes xogadores coma o primeiro equipo pontevedrés campeón de liga na historia.
Programa:
10:30 Partido Pontevedra Rugby Club-Os ingleses Vilagarcia
No descanso entrega do campo por parte do Alcalde de Pontevedra e o presidente da Diputación provincial
12:00 Partido categorías inferiores do S.D Monteporreiro de futbol.
12:00 Terceiro tempo e festa de inauguración organizados polo concello e o Pontevedra Rugby Club
14:00 Foto histórica no edificio do concello do primeiro equipo pontevedres en proclamarse campión galego de rugby, o Pontevedra R.C infantil 2010-11
Por fin o rugby ten o seu fogar definitivo, un lugar onde asentarse e crecer. Ven compartir con nos este momento histórico.
PONTEVEDRA RUGBY CLUB…..XOGAMOS?