Este ano, o segundo en competición oficial do equipo senior, incorporamos a novos xogadores que teñen axudado moito a que o equipo pontevedrés, coa media de idade mais baixa de Galicia, dera un salto de calidade, xunto a eles un gran grupo que so necesitou un ano de competición para convertirse nun equipo campión. Coñece ós nosos xogadores:
Dende categorías inferiores:
Xandre Alvarez sub-20,flanker-centro habitual de todalas Seleccións Galegas de categorías inferiores,provén do PRC sub-18, rapido, con calidade tecnica, e excelente patada, xogador de gran proxección.
Daniel Lopez “Bok”sub-20, pilier-talonador: xogador sub-20 de gran poderío fisico, habitual da Selección Galega, no seu primeiro ano atoparase enfronte de pilieres que lle doblan a idade polo que terá que sufrir nas meles do equipo senior, unha temporada que o fara crecer moito xa que lle toca “bailar coa mais fea”.
Alvaro Montojo sub-20, medio de mele: durante a sua formación,medio de mele das seleccións galegas sub-16 e sub-18, ten a misión de tomar os mandos do xogo do Pontevedra RC, coa sua experiencia e calidade levou á victoria o equipo nos primeros seis partidos de liga.
Nicolas Regueiro sub-20, pilier: xogador poderoso fisicamente, formado no club, un exemplo de traballo persoal para os xogadores máis novos.
Dende outros clubes:
Vicente Castro “Mito”, flanker-medio: fundador do Mareantes RC, xogador de gran experiencia e calidade, un luxo aprender da sua experiencia para os xogadores mais novos.
Alberto Gulias “Chuli”, talonador: fundador de Mareantes RC, xogador de primeira linea e con mais de 20 anos de rugby , tanto en Galicia como en Mexico. Un seguro para a melé.
Jorge Mumary, talonador: xogador pontevedrés de gran experiencia, provén do Campus Ourense, pero decidiu disfrutar esta temporada no equipo da sua cidade e facer disfrutar a sua afección.
Roberto Mumary, tres cuartos: outro pontevedrés retornado, gañou cinco veces consecutivas a liga co seu anterior equipo o CR Las Palmas, un exemplo de comportamento dentro e fora do campo.
Daniel Villanueva “Ñapas” flanker-tres cuartos, Outro clasico del rugby pontevedreses,o seu último equipo fue o Mareantes RC, Poderoso no contacto e con gran criterio de carreira, un luxo para o club.
Grandes xogadores e compañeiros. Ainda queda algunha incorporación de este ano que seguro que pronto veremos aqui. ; )
Un placer teneros por campañeros
Grandes compañeiros e amigos!!!
Por certo, Alberto, entendo que vai a haber máis incorporaciones este ano??
Ñapas y Chuli proceden del Gallaecius