A ESCOLA DO PONTEVEDRA RUGBY CLUB, FAI HISTORIA

vuelta

 

Dous convocados coa selección española, os primeiros pontevedreses na historia

Noraboa leóns, noraboa Escola de Rugby Pontevedra

 Alberto Silla Otero e Ernesto Lumbreras Gálvez foron, este venres, convocados coa Selección Española sub-18 que se concentrará entre o 2 e o 5 de xaneiro en Madrid para preparar o Campionato de Europa que terá lugar en Grenoble entre o 22 e o 30 de marzo de 2013.

 Os dous xogadores son os primeros pontevedreses convocados coa Selección Española na historia, no que supón un premio para o traballo de todo o club, que en tan so catro anos puxose a altura dos mellores clubes de España.

 A convocatoria consta de 44 xogadores, na que Galicia aporta ós dous pontevedreses e e a Jose Calvo do CR Ferrol; nesta concentración de catro días definiranse os 25 xogadores que formarán o nucleo da Selección Española, polo que o traballo non fixo máis que empezar para os bravos leóns pontevedreses, que terán que loitar polo seu posto frente os mellores xogadores da sua categoría.

 So Marbella R.C., o mellor equipo de categorías inferiores de España, e CRC Madrid, un historico, aportan mais xogadores que o Pontevedra RC, que se situa ao nivel de equipos de División de Honra coma VRAC e El Salvador de Valladolid, Hernani, CAU Valencia ou o decano do rugby Español U.E. Santboiana. O equipo mais novo, con apenas catro anos de historia o Pontevedra RC e Santboiana con 90 anos de rugby as suas costas aportan dous xogadores a convocatoria.

 

Alberto Silla Otero, “A Disciplina” e un apertura puro, xogador que leva traballando tres anos duramente o seu fisico e a sua tecnica para convertirse nunha referencia para o seu equipo, cunha patada en xogo demoledora para as defensas e unha patada a paus que nesta temporada esta preto do 100% de eficacia. Xogador que soubo recoñecer os seus puntos fortes e febles para facerse a si mesmo con traballo e disciplina excepcionais. Un xogador que fai mellores os que xogan ó seu lado.

 Ernesto Lumbreras Gálvez “O Talento”, medio de mele e “utility back”, visión de xogo e talento para o xogo dun xogador de fantasía, rápido e eléctrico, cun contrapé e un cambio de ritmo excepcionais as suas cualidades permitenlle desenrolarse en calquer posto de linea. Con condicións naturais únicas terá que traballar o seu fisico e ir collendo peso para enfrontarse o mellor do rugby español, ainda que o mellor do rugby español terá que conseguir atrapalo primeiro.

 Pero este logro,  Alberto e Ernesto ben o saben, non e posible sin un equipo o teu lado, catorce xogadores que loitan contigo, este premio e para Alberto, Ernesto, Enigma, Antón, Sanchez, Ivan, Sergio, Alvaro, Coni, Nico, Xandre, Ceneri, Jandro, Samu, Masu,… e moitos outros que comparten campo no Pontevedra Rugby Club.

Este premio ten uns responsables finais: Unha directiva volcada nos mais novos e un corpo tecnico que se desvive, sacando do seu tempo libre e do seu soño as horas suficientes para que un equipo novo agrome como o futuro do rugby galego. E todo por amor ó rugby e sen cobrar un duro. Dende esta paxina noraboa a Alberto Grifón, Cesar Zuazua, Joaquín Maguna, Chamy Doval e os monitores dos mais pequenos. So co tempo poderase apreciar tantisimo traballo.

 Estes son os dous primeiros de moitos que virán despois, se queredes mirar os futuros seleccionados, vide a a desfrutar dos partidos do Pontevedra Rugby Club; siguenos en www.pontevedrarugby.com. Os xoves publicamos os partidos da fin de semana, os luns as cronicas, e durante a semana novas, entrevistas, historias de rugby e do Pontevedra RC.

 

 

 

 

 

 

Pontevedra Rugby Club

One comment

  1. molanes Reply

    GRANDES CHAVALES!!

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.