OS PONTEVEDRESES SILLA E LUMBRERAS VOLTAN DA SELECCIÓN ESPAÑOLA

 

seleccio esp1

Tres días de adestramentose un partido de preparación deparoulles a concentración da selección española

A «conexión pontevedresa» deixou boas sensación no seu debut.

Outros xogadores do Pontevedra RC poderian seguir o camiño de Alberto e Ernesto

 

 

Despois de catro intensos días de concentración, do 2 ao 5 de xaneiro en Madrid, os xogadores do Pontevedra Rugby Club Alberto Silla e Ernesto Lumbreras chegaban entrada a noite do sábado a capital pontevedresa cansos e cheos de recordos imborrables da sua primeira experiencia na selección española.

 

Con evidente responsabilidade afrontaron os bravos xogadores sub-18 esta concentración, unha responsabilidade individual pero tamén colectiva xa que, a ser os primeiros pontevedreses, sumabase a de ser os primeiros galegos en moitos anos en dar o salto as categorias base da selección española , precisamente o adestrador do equipo sub-18 do PRC o ano pasado Juaco Maguna, agora mediomele do Vigo en División de Honra, fora o último galego en enfundarse a camisola vermella coa española sub-20.             

seleccion esp2

 

A concentración foi unha experiencia compartida coa selección española masculina e a femenina , que tamén convocaban a 44 xogadores e xogadoras, polo que mais de 150 persoas entre xogadores, adestradores, preparadores, medicos e fisioterapeutas xuntaronse nunha convivencia que inaugura o proxecto deportivo do novo seleccionador, Bryce Bevin, e o seu equipo.

No eido femenino Galicia xa tiña unha forte voz na selección española da man das xogadoras do CRAT Coruña Berta García, Rocio García, Elena Roca ouVanesa Rial entre outras, pero ata que os galego Alejandro Blanco “Monty” e o galego-maori Carlos Blanco facianse un hoco hai dous anos, Galicia contaba pouco para os seleccionadores en categoría masculina, agora parece que cada vez mais Galicia asume un nivel que non para de crecer, xa que a estes xogadores sumase Francisco Usero “Paquito”, asesor deportivo do Pontevedra RC, que consegue a sua primeira convocatoria os 33 anos.

Tras tres dias intensos de adestramentos o sabado pola maña chegaba o momento de enfrontar os xogadores separados en dous equipos para coñecer o seu nivel nun enfrontamento real; os seleccionadores deron certa liberdade para que cada xogador mostrara as suas habilidades e desenrolara o seu xogo, o equipo vermello contaba cunha dianteira menos movil que o equipo azul, e vironse superados durante gran parte do partido por velocidade, na segunda parte coa saida de Ernesto coma medio de mele a dianteira vermella ordeouse un pouco e, coa chegada de Alberto o posto de medio de apertura, a conexión pontevedresa deulle un novo aire o equipo que comezou a ter un ataque mais intenso e creativo e facerse algo mais forte en defensa. A pesar de que Alberto atopabase algo renqueante do xeonllo o publico do partido recoñeceu o bo traballo da parella de medios pontevedreses.

                                                                                                                               seleccion esp4

Sen dubida Alberto, Ernesto e o ferrolán Jose Calvo abren, con esta convocatoria, o camiño para que os galegos conten para os seleccionadores españois. O Pontevedra Rugby Club ten fundadas esperanzas en que outros xogadores sigan a progresión e o camiño de Alberto e Ernesto, polo menos catro xogadores mais do club poden contar para entrar nas convocatorias das seleccións españolas, algo que situa o Pontevedra Rugby Club ó nivel dos mellores clubes de España e que ratifica, por se alguen o dubidaba, que o Pontevedra Rugby Club converteuse en catro anos no mellor clube de categorías inferiores de Galicia, con permiso dos grandes que levan 30 anos traballando a base, CRAT Coruña, Vigo e Vilagarcía. Traballo, responsabilidade, un clube dirixido polos pais e nais de xogadores e cun plantel de adestradores de primer nivel volcados na educación, a nivel deportivo e humán, coma persoas e coma deportistas.

 

 

Pontevedra Rugby Club

One comment

  1. molanes Reply

    GRANDES ALBERTO E ERNESTO!!! toda unha honra compartir camiseta con estes dous pedazo de cracks!! Da gusto ver como crece o Rugby galego…e que siga crecendo!!!

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.