VOLTA A DIVISIÓN DE HONRA A PONTEVEDRA




BLUSENS UNIVERSIDADE DE VIGO- ATLETICO DE MADRID
SABADO 19 de Xaneiro, 14:00 campo de rugby de Monteporreiro

O Blusens Universidade de Vigo, o primeiro equipo galego na División de Honra do rugby español, desplazarase a Pontevedra para desputar o partido da decimoterceira xornada contra o Atletico de Madrid.

Por mor do estado impracticable do campo do Complexo Universitario de Vigo, o clube olivico puxose en contacto co Pontevedra Rugby Club e a directiva do clube cos responsables do campo de rugby de Monteporreiro, autenticos responsables que axeitar os horarios para que o Universidade de Vigo dispoña dun campo no que disputar un partido fundamental para as opcións dos galegos.

O Universidade de Vigo que disputou unha primeira volta da liga moi frouxa pola acumulación de lesións que deixaron ó equipo moi tocado, afronta a segunda volta cheo de ilusión, coa chegada de xogadores de enorme calidade: a conexión dos mares do sur co apertura neocelandes, Ash Moeke o centro samonano Iasia Tuifua e o tongano Latu Talakai e cos galegos ao maximo nivel: Monty, Uruburo, de Cabo, Joaquín Maguna ou Paquito Usero estes dous últimos asesores externos do Pontevedra RC. O Universidade de Vigo ven de gañar o seu primeiro partido fora de casa, na dificil casa do Hernani.

A misión do Vigo: a victoria, para sair da  última posición, e comezar o ascenso cara unha posición mais comoda na taboa clasificatoria, algo co que, observando o plantel actual, toda a afección o rugby galego conta coma seguro.

Fronte ao Blusens o Atletico de Madrid, un historico do rugby español que se atopa na metade da clasificación e que terá que sufrir en terras galegas se quere sacar algo positivo.

O Universidade de Vigo xa disputou un partido amigable en Pontevedra a comezos da temporada pasada en homenenaxe ó Pontevedra RC a sua medico Ruth Aguiar e o adestrador Cesar Zuazua, que encabezaron unha recolleita de fondos para que os vigueses puideran desputar a Divsión de Honra.

Pontevedra Rugby Club

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.