O PRC xa está na final

O PRC venceu nos sete encontros de todalas categorías desta temporada ós coruñeses
Os veteráns do PRC arrastran ós máis novos a victoria, nun dificil partido. Roberto Mumary e Oscar “Teixugo” fixeron todolos puntos do equipo.
Pontevedra Rugby Club 36 : Jorge mumary, Dani “Bok”, Sergio, Viñas, Sergio, Xoel, Patiño, “Mito”, Alvaro, Alberto “Grifón”, Roberto Mumary, Caride, Oscar “Teixugo”, “Kintxo”, Samu. Tambien jugaron: “Hache”, Nico, Victoria, “Zua”, Fran Durán, Jandro e “Ñapas”
CRAT UD Coruña 19 : Hector, Alejadro, Borja, Fernán, Alain, Eduardo, Victor, Alfredo, David, Miguel, Alvaro, Bernardino, Santiago, Oscar, Marcos. Tambien jugaron: Araujo, Jose, Luis, Martinez
Incidencias: Campo de Rugby de Monteporreiro, 250 espectadores nas gradas
Nun partido tenso, como ten que ser a unha semifinal de liga, o Pontevedra RC desfixose dun combativo CRAT UD Coruña por un marcador que se decantou claramente paro PRC ben entrada a segunda metade.
Os pontevedreses comezarón dubitativos defensivamente ainda que cada ataque semellaba que podia rematar en ensayo local; golpearon primeiro os visitantes, rompendo a linea defensiva do PRC e poñendo o 0-7 no marcador. Recompostos os do Lerez retomaban o ataque e en dous minutos Roberto Mumary facia o primeiro ensaio e no minuto 21 o mesmo Roberto Mumary, que actuou como pateador, puña por diante,8-7 ós locais, os máis veterans do club botaron ó equipo as costas cuns Mito, Oscar, Roberto e Grifón inspirados levando a loita os mais novos, a maioria xuvenís, que xogaban o partido mais importante do ano con moita tensión. Pouco a pouco os pontevedreses comezaron a facer o xogo que caracteriza o clube: velocidade e desborde, aproveitando os ocos defensivos do rival, asi os locais manterian vantaxe no marcador durante o resto do partido.
Antes do final da primeira parte Roberto Mumary faría 14 puntos máis deixando un 22-7 franco para PRC; pero a vantaxe non aumentaba e os coruñenses apretaban moito, de novo Roberto Mumary respostaba a un ensaio coruñes cun novo ensaio, 29-14, de novo CRAT ensaiaba, levando os nervios a grada pero Oscar “Teixugo” decidiu gañar o partido atravesando toda a defensa coruñesa en xogada propia, ensaiando e rompendo o marcador a seis minutos do final.
So tivo a defensa que aguantar as arremetidas dos visitantes antes de que o arbitro pitara o remate do partido e levando o PRC a primeira final da sua historia en categoria senior.
Destacar nas filas visitantes o pilier pontevedrés, formado na escola do PRC “Pisoni”.
Na outra semifinal Bierzo rompía as apostas e vencia a domicilio a Muralla de Lugo. Os bercianos terán que visitar na final o proximo sabado 13 as 16:00 horas o campo de rugby de Monteporreiro, que presentará unha grande entrada de publico como esta fin de semana. Unha final na que todo esta aberto, será o publico pontevedres o que decidirá levar ó club da cidade a victoria e ó ascenso. x
Pontevedra Rugby Club

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.