patrocinadores xunta de galicia co deporte galego y A Bancapatrocinadores xunta de galicia co deporte galego y A Banca

As casualidades non existen

A Escola de Rugby Pontevedra non é un proxecto de azar froito das casualidades. Hai moito traballo visible e invisible por parte de moita xente que permite, despois de case 5 anos, comezar a ter unha estructura solida e un corpo tecnico preparado.

O 21, 22 e 23 de xuño o noso Director Deportivo, Alberto Fernández, asistía ó Curso Máster de Escolas: “As novas tendencias sobre a formación de xogadores en Escolas de Rugby” a organización e desenrolo de Escolas de Rugby que se celebrou en Madrid e foi impartido por:

– Alain Mourguiart, Responsable de la Escuela del Biarritz Olimpique.

– David Lamidey, Directivo de la Escuela del Biarritz Olimpique.

– Santiago Santos, Entrenador D.H , ExSeleccionador y D.T. de la FER y Formador de Rugby Soluciones.

– David Carreras, Responsable de Formación de Rugby Soluciones.

– Francisco Usero, Director de Rugby Soluciones

O Pontevedra Rugby Club foi, xunto co Bierzo, o único representante de Galicia no curso.

Esforzo por dar a mellor formación os nosos fill@s por parte de todo o corpo tecnico: creando unha solida estructura, invertindo en formación continua e traballando para formar xogadores e persoas. Alberto Fernández, Chamy Doval, Cesar Zuazua, Peque Cardona, David Viñas, Fran Usero ós que se suma agora Chema Fernández forman un grupo che de experiencia e novas ideas.

Os resultados, os xogadores que destacan, o ambente de familia, non xurden por casualidade, nin son cousa sinxela; son un traballo de un gran grupo de adestradores e xogadores de pais, nais e directivos.

Hai case 5 anos un grupo de pais e nais decidiu iniciar un proxecto novo e solido para ofrecerlle tódalas oportunidades de formación os nosos fill@s. Hoxe se chama Pontevedra Rugby Club, conta cun solido pasado e un futuro interesante; ten a sorte de que persoas da calidade de Chema Fernández acheganse a nos para crecer xuntos.

Seguide a nosa web nos proximos días daremos mais detalles da proxima temporada, das incorporacións das baixas, do comezo da pretemporada.

One comment

  1. peregrino Reply

    Por el buen camino. Invirtiendo en formación.

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.