Dous partidos, duas victorias. Agora pedra de toque con Lalín

Tras da primeira proba contra  Bierzo RC, o PRC enfrontouse no tradicional partido de Feira Franca baixo o nome de «Os Grifóns» contra «Os Pementos», que tamén integra a moitos xogadores do PRC.

O partido foi boa proba para seguir collendo ritmo de competición  nunha pretemporada con moita carga de traballo, con partidos tódolos fins de semana e con moito adestramento asumindo conceptos tacticos e tecnicos de Chamy Doval e Chema Fernández.  O partido foi domiñado polos Grifóns, que demostraron xa a sua evolución ano a ano coma xogadores, frente a uns Pementos maduros pero lastrados por un plantel curto de efectivos.

Este sabado o Pontevedra RC ten unha pedra de toque moi seria contra «Os Abellóns» de Lalín, un equipo moi forte, que nos últimos anos fixo un xogo máis equilibrado cun plantel en plena renovación. Unha importante pedra de toque para comezar a valorar as posibilidades do PRC de manter e asentarse na categoría.

A pesar das incorporacións de veteranos, o equipo segue a ter a media de idade máis baixa de Galicia, xogadores que rondan os 20 anos e que continuan a adquirir a experiencia para asumir maiores retos non futuro; de boa axuda para as intencións do clube son estes veteranos que transmeten a sua sabedoría os novos rugbiers pontevedreses.

 

Pontevedra Rugby Club

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.