VOLTA Ó TRABALLO

A pretemporada comeza o día 19 de Agosto as 20:00 con Senior, sub-21 e sub-18 convocados.

O PRC presenta o seu novo organigrama deportivo.

A directiva traballa na nova estructura do clube, e xa ten permiso para as obras das suas novas instalacións.

O verán estivo marcado polo campamento de Tui, o traballo voluntario dos xogadores e xogadoras.

Comeza o traballo duro para o Pontevedra Rugby Club o proximo martes, día 19 de agosto as 20:00 no campo de rugby de Monteporreiro, tódolos xogadores Senior, sub-21 e sub-18 están convocados o primeiro adestramento da pretemporada. Despois de torneos de verán, traballo voluntario, ou simplemente descanso ben gañado, volve o compromiso co traballo de pretemporada, suor e maniotas.

 

Novo organigrama tecnico

Algúns cambios para a nova temporada:

Adestrador Senior: Chema Fernández. Na sua segunda temporada no club Chema da un pequeno paso nas suas responsabilidades no club, e,  a pesar das interesantes ofertas doutros clubes durante o verán, o mitico xogador aposta de novo polo  Pontevedra RC

Adestrador sub-18: Chamy Doval. Chamy asume máis funcións no club, ademais de ser responsable da categoría que máis alegrias tenlle dado ó PRC, o vilagarcián administrará ó club, unha faceta na que ten grande experiencia profesional.

Adestrador sub-16:  Cesar Zuazua; experiencia no clube e moitos titulos avalan a un grande traballador.

A Escola adquire estructura propia da man de Alberto Fernández que dirixirá a escola; os xogadores e xogadoras entre 5 e 14 anos, as categorias non competitivas, serán este ano máis importantes que nunca.

 

Traballo en Verán. Campamento 2014

Moito traballo voluntario este verán, os ximnasios da cidade recibiron a visita de moitos xogadores do PRC, pronto todo o clube terá unha casa común co traballo de todos…

Entre o 5 e o 13 de xullo Alberto Fernández, Cesar Zuazua e todo o equipo tecnico do clube coa colaboración de grandes adestradores e grandes deportistas doutras disciplinas ofreceron a un bo grupo de rapaces e rapazas un campamento inolvidable, non ambito privilexiado como Tui baixo a protección do rio Miño. Un proxecto que continuara o proximo verán. Deixamosvos os agradecementos dos organizadores :

camp

» Buenos días campistas: Queremos trasmitir tantas cosas…

Queremos agradecer al seminario menor, al colegio Maristas, al Concello y a toda la ciudad de Tui, por acogernos y poner a nuestra disposición todas las instalaciones precisas para hacer el mejor campamento deportivo imaginable.

A las familias que confiaron en nosotros para las vacaciones, diversión y educación de sus hijos.

Al Pontevedra Rugby Club, que pone sus recursos a disposición de todos, formen o no parte del club.

A David ,Raquel, José, Diego, Andi y Fran monitores de lujo que vinieron a enriquecer las experiencias de nuestros chicos-as.

A Luis Gutierrez » Mandi » que se ofreció desde el primer momento, de forma totalmente desinteresada, a enseñar y aprender con nosotros, su experiencia y clara visión de su deporte nos hace mejores a todos los que tenemos la suerte de compartir con el pasión por el rugby.

A nuestros monitores de lujo: Chamy, Susana, Cesar y Alberto.

Y, sobre todo, a las chicas y chicos que lo vivieron. Por su predisposición, ganas y ejemplo.

Y respondiendo a muchos…SI, NOS VEMOS EL AÑO QUE VIENE!!!!»

 

Mentres o noso compañeiro Iago Tudela do equipo sub-18 pasaba polo campamento de tecnificación do clube irlandes Leister, onde compartiu rugby e experiecias con compañeiros de todo o mundo; e todo a pesar que o noso compañeiro e siareiro do equipo rival, Munster.

Xogadores a outros equipos                                                                                                                                                                                                                                        Alvaro Caride

O noso compañeiro Alvaro Caride, foi chamado polo Universidade de Vigo de División de Honra para facer a pretemporada co primeiro equipo; unha situación que é todo un orgullo para o PRC. Dende o Comezo o clube defendeu a politica  de formar xogadores e animalos a competir ó maximo nivel que queiran alcanzar. Para todo aquel xogador que quera buscar novos retos deportivos, o PRC so facilitará  o camiño con animos e  consello buscando o seu ben . Por outra banda, e coa intención de permitir que os xogadores do PRC poidan dar o salto de categoría e teñan tódalas portas abertas o PRC non firmará ningunha exclusividade ou filialidade con otros clubes.

 

 

 

 

 

Pontevedra Rugby Club

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.