patrocinadores xunta de galicia co deporte galego y A Bancapatrocinadores xunta de galicia co deporte galego y A Banca

A semana do club (13 ao 20 de Septembro)

Partido PRC-Lalín.

Proximas Citas.

A xornada dos compañeiros en División de Honra e DdeHB.

Pontevedra cae en pretemporada contra Lalín

Pontevedra RC 20- Lalin Rugby 22

Boas sensacións no primeiro partido do PRC en casa, moita xuventude no campo por ámbalas duas escadras, e un resultado que se decidiu para os Dezanos no último minuto.

O Pontevedra segue a ofrecer orde no xogo e velocidade no movemento do balón. Coma é común en pretemporada moitas rotacións de xogadores, neste caso moi novos: a moi bo nivel os sub-19 e sub-18 que participaron no encontro e destacado o traballo de xogadores  que asumen novos roles de responsabilidade sobre o campo; os continuos cambios supuxeron algo de desorganización, e a falta de efectivos en dianteira, ata 8 xogadores faltaron, e a carga de traballo da pretemporada lastraron un pouco o rendemento.

Boas sensacións deste Pontevedra Rugby Club, que, na sua segunda temporada en primeira galega, aspira a facer un papel destacado, nun ano que haberá moita competencia.

 

Viaxe a Arroyo de la Encomienda, Valladolid                                                                                                                                                                                                 rugby arroyo

Un cuadrangular espera ao PRC en Valladolid este sábado, VRAC , Zamora e Arroyo esperan ós galegos.

Disputarase en partes de 30 minutos, coa seguinte orde:

RUGBY ARROYO VS VRAC
ZAMORA VS PONTEVEDRA
RUGBY ARROYO VS ZAMORA
VRAC VS PONTEVEDRA
RUGBY ARROYO VS PONTEVEDRA
VRAC VS ZAMORA

Unha situación particular, xa que VRAC renden visita por partida doble a Galicia, a Universidade de Vigo e CRAT Coruña respectivamente; triple encontro galego vallisoletano esta fin de semana.

 

Os nosos represntante en DH e DHB

Boa estrea do CRAT Coruña, o noso compañeiro Alberto Silla apetertura titular 0s 80 minutos da victoria a domicilio frente a Belenos de Avilés.

O Universidade de Vigo fixose con dous importantes puntos bonus, ofensivo e defensivo, na sua derrota axustada frente a Gernika, o noso compañeiro Alvaro Caride debutou na maxima cetegoría na segunda parte, e comeza a atesourar sensación neste grande salto que da na sua carreira deportiva. O sub-21 de seguro dará pasos de xigante xunto a compañeiros de altisimo nivel.

 

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.