patrocinadores xunta de galicia co deporte galego y A Bancapatrocinadores xunta de galicia co deporte galego y A Banca

A Escola, duas semanas de actividade

A Escola de Rugby  Pontevedra pretende alcanzar as 100 fichas entre 5 e 14 anos.

En so duas semanas de actividade, a Escola de Rugby Pontevedra vai collendo forma. A estructura de este ano fai que Alberto Fernánde Aboal tome o posto de Director Deportivo da Escola, centrandose na formación dos máis novos do Club.

Xunto con Alberto Fernández, un gran grupo de adestradores e monitores Roberto Mumary, David Viñas, Susana Herves, Juan A. Martínez… Un gran grupo que iremos presentando na nosa paxina web ó longo da temporada.

Os xogadores e xogadoras da Escola de rugby Pontevedra desfrutarán dun ano moi intenso, ás concentracións de Vigo, Vilagarcía, Coruña, Arteixo, Lugo e Ourense, este ano sumaranse, polo menos, duas citas en Portugal. Toda unha experiencia para os máis novos, convivencia e amizade con xogadores de todo Galicia, Portugal e de seguro doutros rincóns de España, desfrutando dun deporte baseado nos valores de respeto, traballo e compañeirismo.

O prezo por todo o ano de actividade da Escola e de 80 euros, pero o clube ponse a disposición de calquera que poida ter problemas coas cuotas para que ningún rapaz quede sen proba-lo rugby

Toda a información para participar nas escolas esta na nosa sección de Documentos.

Os adestramentos son, (en grupos de idade separados):

de 5 a 7 anos, Venres 18:30

de 8 a 14 anos Mercores e Venres as 19:00

 

 

 

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.