patrocinadores xunta de galicia co deporte galego y A Bancapatrocinadores xunta de galicia co deporte galego y A Banca

Alberto Silla, coa selección española sub 19

O noso amigo, formado na Escola de Rugby de Pontevedra e agora titular indiscutible en División de Honra B co CRAT Coruña, Alberto Silla, ven de ser convocado para a concentración da Selección Española sub 19, que terá lugar entre o 20 e o 25 de Outubro en Cáceres; para despois desputar do 26 de outubro ó 2 de Novembro, o Campionato de Europa en Lisboa.

Alberto Silla 2011  2010-2011

Dende o Pontevedra RC non so queremos dar unha noraboa enorme a Alberto.

Ainda que el non gusta de ser centro de atención, gustaríanos poñelo coma exemplo de traballo e superación para tódolos rapaces e rapazas da escola, porque Alberto hoxe, e entón, é un xogador extraordinariamente dotado; pero cando comezou a xogar non era nin o máis rapido, nin o máis talentoso, nin o máis forte, nin o que tiña a mellor patada entre seus compañeiros. 

Alberto Silla 2011 (2) 2011-2012

Exemplo de que hai recompensa para eses rapaces e rapazas que deixan todo nos adestramentos, que non fallan chova ou faga sol, os que quedan despois pateando o balón, os que traballan o verán no ximnasio para desfrutar máis no deporte que aman. Os que coa sua actitude, o seu respeto, dentro e fora do campo, gañan o cariño de tódolos seus compañeiros e rivais.

 

                                                                                                                                                                                  Alberto Silla 2013 2012-2013

Tamén sirva como homenaxe os excepcionais adestradores do PRC: eles saben sempre sacar o mellor de cada un de nos, se nos traballamos con todo o que temos.

Alberto, vemos en Lisboa!!!

 

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.