Comeza o traballo duro, axenda fin de semana

Despois desta fin de semá, xa so quedará por debutar o equipo sub14.

Os sub16 comezan unha liga sen presión

Os sub18 deben dar un paso adiante se queren demostrar o seu potencial

Os senior terán que dar o mellor de si mesmos para tentar dar a sorpresa en Ferrol

 

LIGA SUB 16 –  2ª Xornada

PONTEVEDRA R.C. – UNIV.VIGO R.C.

Sábado 15/12:00/Monteporreiro

O equipo sub16 do PRC, adestrado por Cesar Zuazua, renovouse completamente esta temporada. Despois de catro temporadas consecutivas coma campión de liga, os pontevedreses comezan casi de cero cunha nova xeración que sae a competición sen obrigas, so a de crecer partido a partido e desfrutar do rugby; cunha maioria de xogadores e xogadoras de primer ano o PRC plantexa esta liga sen presión.

Debutan fronte a un dos candidatos ó titulo, Universidade de Vigo, un equipo novo pero potente.

 

 

LIGA GALEGA sub18 2ª Xornada

C.R.CORETI LALÍN – PONTEVEDRA R.C.

Sábado 15/13:00/ Campo da Barcia

O equipo sub18 ten que comezar a atoparse a si mesmo no campo, despois de caer fronte ó CRAT na primeira xornada. O clube fixo un esforzo este ano para que os sub18 participen no Campionato de España e ademáis teña a oportunidade de enfrontarse nas xornadas de descanso a equipos de alto nivel. Os sub18 son un equipo baseado en xogadores sub17 con grandes individualidades pero que destaca polo xogo aberto colectivo  de ataque, por xogadores placadores, creativos e demoledores en xogo de continuidade; terán este ano tamén que axustarse a un rugby máis clasico, no que a mele e o traballo de dianteira asegura gañar partidos.

Boa pedra de toque, Lalín, que demostra sempre a persoalidade do Deza, xogadores fortes, loitadores, que non dan nunca un partido por perdido.

 

LIGA GALEGA I – categoría senior  5ª Xornada

CR FERROL – PONTEVEDRA RUGBY CLUB

Sábado, 15  /16:30/ Campo de Rugby da  Malata

Os de Chema Fernández deben resolver as suas dubidas  no xogo colectivo nesta costa arriba da liga, visitar ó lider será un bo momento para valorar se o PRC da pasos cara diante, Xa deron certidumes xogadores novos como Javier Arca «Petado», Alvaro Montojo, Samuel Suarez «Masu». Adrián Tenorio, e Xandre Alvarez demostran que non olvidaron a sua calidade, e hora de que dean un paso a fronte Nicolas e Antón Diaz e que ademais da sua loita poñan a sua calidade ó servizo do colectivo; e o recen chegado Felipe Osorio, que vai ser peza clave de calquera equipo.

Nas mans dos novos, máis que nas dos vellos do equipo,  estará o crecemento deste equipo, controlar as faltas de equipo e as expulsións innecesarias, que nos últimos partidos mantiveron o 40% do tempo  de xogo ós pontevedreses en inferioridade numerica.

 

 

 

 

 

Pontevedra Rugby Club

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.