ÚLTIMO RUGBY DO ANO EN MONTEPORREIRO

AS ESCOLAS DE GALICIA VISITAN PONTEVEDRA

A concentración desenrolase entre as 10:00 e as 13:00 do sábado no campo de rugby de Monteporreiro   DSC_0166

Tódalas escolas de Galicia teñen unha cita este sábado, a partir das 10:00 da mañá no campo de rugby de Moteporreiro. A Escola de Rugby Pontevedra, do Pontevedra Rugby Club recibirá ó resto de escolas existentes: Coruña, Arteixo, Santiago, Vigo, Ferrol, Vilagarcía, Lugo, Ourense. 

PRC con sus compañer@s de Coruña

PRC con sus compañer@s de Coruña

Os máis pequenos do rugby galego,  en categorías sub-6, sub-8, sub-10 e sub-12, difrutarán dunha nova xornada de convivencia despois das disputadas en Vilagarcía e Vigo, e que continuarán ó longo do ano 2015 por tódala xeografía galega.

                                                                                                                                                                                                   _DSC0715

 

OS sub16 RECIBEN Ó LIDER

 

As 14:00, xusto despois da concentración de categorías inferiores, o equipo sub16 recibe a CRAT Coruña; un novo partido para os de Cesar Zuazua, para seguir asimilando o xogo e crecendo como equipo

 

 

O EQUIPO sub18, A VENCER A VIGO A DOMICILIO

 

O mesmo sábado, as 10:50 da mañá, os sub18 esperan vencer a Universidade de Vigo a domicilio e seguir a persecución do CRAT no primeiro posto.

 

 

ÚLTIMO PARTIDO DO ANO EN MONTEPORREIRO

Campo de Rugby de Monteporreiro, sábado 16.15       PRC Muralla 2

 

O PRC enfrentase a Ingleses de Vilagarcía lider forte tras vencer ó segundo Ferrol na pasada xornada.  Ó  último encontro do ano e primeiro da segunda volta da liga ambos equipos chegan frescos tras un fin de semá de descanso;  os pontevedreses buscan unha boa imaxe e darlle unha volta máis ó seu xogo colectivo frnte a un equipo cada vez máis solido cunha potente dianteira e xogadores de alto nivel nos postos vitais.

 O PRC deberá seguir crecendo coma equipo esta temporada, ó ritmo dos seus xogadores máis novos adquiren madurez minutos de xogo en categoría senior, e os seus xogadores veterans imparten leccións de ritmo e calidade.

 

TODO O RUGBY EN GALICIA ESTE FIN DE SEMÁ:

PROGRAMACIÓN 13-14/12/2014
DIVISIÓN DE HONRA MASCULINA – XORNADA 12
BLUSENS UNIVERSIDADE DE VIGO – BIZKAIA GERNIKA R.T.
Domingo 14/12:00/CUVI

DIVISIÓN DE HONRA MASCULINA “B”- XORNADA 12
CRAT UDC – OXIGAR BELENOS
Sábado 13/15:30/Acea da Má

LIGA GALEGA 1 –XORNADA 8ª
PONTEVEDRA R.C. – OS INGLESES R.C.
Sábado 13/16:15/Monteporreiro
C.R.FERROL – MURALLA R.C.
Sábado 13/16:30/A Malata
BLUSENS UNIVERSIDADE DE VIGO “B” – MAREANTES R.C.P.
Domingo 14/16:45/CUVI. En directo por www.pasionmc.com

LIGA GALEGA 2 – XORNADA 8ª
C.R.CORETI LALÍN – CRAT “B”
Sábado 13/17:00/M.A.Cortizo
R.OURENSE KELTIA – FENDETESTAS R.C.
Domingo 14/16:00/Campus Universitario
SANTIAGO R.C. – BIERZO R.C.
Sábado 13/16:00/Marrozos

LIGA SUB 18 – XORNADA 4
C.R.CORETI LALÍN – BIERZO R.C.
Sábado 13/11:30/Barcia
OS INGLESES R.C. – CRAT
Domingo 14/11:30/Fontecarmoa
UNIVERSIDAD DE VIGO R.C. – PONTEVEDRA R.C.
Sábado 13/10:50/CUVI

LIGA SUB 16 – XORNADA 4
PONTEVEDRA R.C. – CRAT
Sábado 13/14:00/Monteporreiro
UNIV.VIGO R.C. – OS INGLESES R.C.
Sábado 13/12:10/CUVI

CONCENTRACIÓN DE ESCOLAS (sub6-sub8-sub10-sub12)
Sábado 13/10:00 a 14:00/Monteporreiro (PONTEVEDRA)

Pontevedra Rugby Club

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.