SELECCIÓN ESPAÑOLA: o remate perfecto do ano

Os xogadores Fikre Mendoza, Miguel Martinez e Iago Tudela, convocados pola selección Española sub18

As seleccións galegas sub16 e sub18 xogarán amigable contra Asturias esta fin de semá, o primeiro partido de 2015

 

O traballo de base do Pontevedra Rugby Club volta a ser recoñecido pola staff tecnico da Federación Española de Rugby coa convocatoria de tres xogadores para o campus de tecnificación da selección sub18, que terá lugar do día 2 ó 4 de xaneiro en Madrid.

Fikre Mendoza e xogador do PRC dende o comezo do club, pasou por todolas categorías e sempre destacou; centro potente, intelixente, loitador, as cronicas non o destacan habitualmente porque sempre fai todo ben, tódolos seus partidos son practicamente perfectos, e cecais por iso pasa desapercibido; xa xogara coa selección galega sub16 sendo sub14 e non para de crecer coma xogador.

fikre copa campeon 2014

Iago Tudela xa non e unha sorpresa; medio de mele do PRC xa fora convocado coa selección Española e agora debe loitar por facerce un imprescindible e disputar o campionato de Europa; xogador potente intelixente que ten aprendido a levar o equipo ós hombros facendose un xigante cando o equipo perde a orde.

 

                                                                                                                                                                                                           Iagoplayavolando

Miguel Martinez enrolouse este ano no Pontevedra Rugby Club, o ferrolan escolleu o clube de Pontevedra fronte a outras opcións coa intención de disfrutar de un clube de maximo prestixio coma formador de xogadores. Un pilier moi forte que tamén está dotado de velocidade e contrapé, unha dor de cabeza para calquera defensa. Mantendo a intensidade os 80 minutos, Galicia ten un pilier de garantias para moitos anos.

 

Os tres xogadores estarán as ordes de «Tiki» Inchausti, adestrador da selección Española de rugby 7 e  Santiago Santos seleccionador absoluto español; alí terán tres días de intenso traballo no plano individual e colectivo, nas necesidades de formación persoal e nos propios clubes ó longo dos 365 días do ano, e comezarán a gañarse un posto nas proximas convocatorias.

 

 

Seleccións Galegas sub16 e sub18 enfrontanse a Asturias.

O sábado día 3 no campo Monte Medulio de As Pontes dende as 12:00 da mañá as selección galegas enfrontanse en partido amigable as seleccións asturianas, unha semana antes da importante visita da pontentisima Madrid en partido oficial do campionato de España de seleccións

Os sub 18 : Brais Gómez, Gabriel Gestido, Héctor Gestido, Pablo Bellido, Martín Martínez, Roberto Ramos, Manuel González a falta dos compañeiros convocados coa selección Española; e os sub16: Javier Martín Espiño, Valle Viñas Moure, Teresa Galvez Estevez; estas duas últimas teñen o orgullo de ser as duas únicas mulleres da selección sub16 unha recompensa a un traballo enorme.

Este e o premio a un ano de traballo ben feito pola Escola de Rugby Pontevedra e o Pontevedra Rugby Club; un ano que supuxo un salto cuantitativo unha vez os niveles de calidade manteñense na excelencia deportiva dende o nacemento do Club; un ano 2014 que supuxo a creación do Campamento de Verán do Clube, en instalacións deportivas de primeira calidade; o asentamente do club coma exportador de xogadores de primeiro nivel con exemplos coma Alberto Silla, Alvaro Caride e Dani «Bock»; o ano no que o clubecolocase netre os tres primeiros clubes de Galicia por numero de fichas en competencia con cidades catro veces máis grandes e clubes con 5 veces máis percorrido temporal que nos.

E o ano no que a nosa estructura crece cunha directiva reelexida e ampliada, a creación da xerencia do clube, a autonomia estructural da Escola para a sua mellor xestión, unha escola que está perto de alcanzar as 100 fichas federativas entre os 5 os 14 anos, polas case 200 de todo o clube.

 

E esperamos que este 2015 será mellor para toda a familia do PRC, que tod@s os nosos pais e nais terán un bo traballo, que os nosos nen@s seguirán mostrando o seu mellor sorriso dentro e foras dos campos de rugby, que o noso Club seguirá ilusionando cos seus proxectos; porque os primeiros días de 2015 traen xa o traballo creando o ximnasio do club, desfrutando dos nosos xogadores nas seleccións.

 

2015 trerá victorias e derrotas, alegrias e dor, pero sempre coma xogador@s de rugby: coa fronte alta para afrontar o bo e o malo.

                                            Recordade: «o rugby da leccións das que a vida examiñanos.» feliz ano.

 

 

Pontevedra Rugby Club

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.