patrocinadores xunta de galicia co deporte galego y A Bancapatrocinadores xunta de galicia co deporte galego y A Banca

A RESOLVER A TEMPORADA

ZALAETA DE ARTEIXO –  PONTEVEDRA RUGBY CLUB

Campo de Suevos (Arteixo)

Domingo 12 abril, 12:00

O PRC chega, sen presa pero sen pausa, á volta do play off de descenso fronte ó Zalaeta. Cunha boa vantaxe pero coa necesidade de resolver a eliminatoria dende o primeiro momento; deixando claro que merece continuar na LGR I.

Xogará fronte un aguerrido Zalaeta que exerce de local, nun campo dificil e clásico, estreito e lento.

Non haberá tregua para os pupilos de Chema Fernández, que venceron 44-10 no partido de ida, e que queren voltar con unha victoria coma visitantes. De ser así, ós xogadores esperalles un barril de cervexa artesá, donado por OCTOPUS BREWERY, na sede social do equipo, a Cervexería O Grifón, para curar as feridas e recompoñer a alma.

O CAMPAMENTO XA ESTÁ AQUÍ

 

Xa está todo preparado para a II edición do campamento de verán do  PRC; tras dous anos de organizar o campamento da Federación Galega de Rugby, o Pontevedra Rugby Club decidiu, o ano pasado,  seguir a aventura por eles mesmos. Así que, nenos e nenas, rapaces e rapazas, estade moi atentos a nosa paxina e ó facebook da Escola de Rugby Pontevedra, nos proximos días daremos tódalas claves para desfrutar do noso campamento, alí estarán Alberto, Cesar e tódol@s grandes educador@s deste clube.

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.