patrocinadores xunta de galicia co deporte galego y A Bancapatrocinadores xunta de galicia co deporte galego y A Banca

NOVA TEMPORADA E NOVAS ILUSIÓNS

COMEZAN AS LIGAS GALEGAS DE RUGBY

OS NOVOS PROXECTOS

AS INTENCIÓNS DESTA WEB PARA A TEMPORADA

Longa pretemporada, moitas dores de cabeza e incertidumes co caso dos seguros pechado cunha victoria pirrica para o rugby galego; a OUTUBROFEST  xa rematada con outro exito de público e vendas e olleiras e cansancio para @s voluntari@s; a Escola de Rugby Pontevedra crecendo día a día.

Liga Galega Senior

O primeiro en comezar a liga será o PRC senior. A temporada 2015/2016 ven con ilusións renovadas e visitando a un potentísimo C.R. Ferrol o sábado as 16:00 nos campos da Malata; rival moi forte para comezar, e con reforzos dende as illas británicas e o hemisferio sur; parecen firmes candidatos ó titulo nunha liga que de seguro será tan parella e emocionante coma o ano pasado, e que decidirá case todolos seus postos na última xornada.

A quen temos por Ferrol? Pois a moitos amigos, como en tódolos equipos, por alí anda Peque, incluso agora xa corre, alí está Paquito, ambos moi ligados a este clube, e tamén está Miguelón, que o ano pasado quixo desputar a liga u18 co PRC, agora xa no equipo senior da sua cidade; e moitos máis…

Coreti Lalín, CR Ferrol, Campus Ourense Coosur, CR Os Ingleses de Vilagarcía,  Pontevedra Rugby Club, Mareantes RCP e Muralla RC de Lugo forman a Liga Galega de Rugby I.

Na LGR II loitarán polo ascenso: Keltia Ourense Rugby, Fendetestas RC As Pontes, C.R. Zalaeta Arteixo, Universidade de Vigo RC “B”, Santiago RC, CRAT Coruña “B”.

calendario senior

A proxima semana tanto u18 coma u14 comezan as suas ligas e en duas semanas serán os u16.

calendario u18

calendario u16

calendario u14

Escola de Rugby Pontevedra

Pero o principal deste clube e a nosa escola, podesdes acercarvos a probar o rugby en calquera momento do ano, dende os 5 anos, nenos e nenas.

A primeira oportunidade para desfrutar da base pontevedresa e da dos equipos de toda Galicia será na I Concentración de Escolas o 28 deste mes de Novembro en Arteixo.

 

NOVOS PROXECTOS: SOCIOS

Pronto teredes ó voso dispor os documentos para facerse socios do PRC, este ano esperamos consolidar unha sección que tiñamos un pouco deixada de lado, OS SOCIOS; poderedes apadriñar a un xogador ou xogadora e colaborar co clube, que este ano terá un gasto moito mayor que os pasados asumindo o brutal incremento das fichas senior. Pronto daremos tódalas formas de axudar ó rugby.

 

AS INTENCIÓNS DESTA WEB PARA A TEMPORADA

Queremos que este ano a web sexa funcional e un servicio para estar ó tanto de tódalas novidades do Club.

Os xoves pola mañá teredes os horarios e campos de tódolos partidos do clube, e os luns pola mañá a crónica. Para a inmediatez tedes os Facebook e o Twitter

Cando teñamos tempo tamén faremos algo de historia e algúns monograficos sobre os membros do clube. Estamos abertos tamén a que colaboredes con nos.

 

BOA TEMPORADA DE RUGBY.

 

 

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.