Os m16 xogan en Vilagarcía, os senior último encontro da primeira volta

PONTEVEDRA RUGBY CLUB M16 ANTE UN PARTIDO FUNDAMENTAL EN VILAGARCÍA
Sábado 16, 11:00. Complejo Deportivo de Fontecarmoa, Vilagarcía de Arousa

Os xogadores e xogadoras do PRC m16 queren seguir evolucionando coma equipo no seu enfrontamento ante os veciños, Ingleses de Vilagarcía, xusto debaixo dos capitalinos na clasificación.
Despois dun fantástico encontro contra Universidade de Vigo, os adestrados por Lois Alfaya esperan seguir a sua progresión, buscando a cuarta plaza que da acceso ós playoff polo título, todo un premio para un equipo en construcción e que demostra, día a día, a calidade que teñen nas suas mans.
 
PONTEVEDRA RUGBY CLUB ENFRONTASE A MAREANTES COMA LOCAL

Sábado 16:15 Campo Municipal de Rugby de Monteporreiro.

Último partido da primeira volta para o PRC; enfronte un Mareantes crecido polas últimas victorias: O Pontevedra RC quere camiñar cara a tranquilidade nunha temporada máis de integración de xogadores provintes do seu equipo m18; o equipo máis novo da liga ven recuperando a xogadores m21 que estivero a crecer noutros clubes e quixeron voltar o lugar onde se formaron coma xogadores.

Un derby máis para un PRC que segue en crecemento, mantendose en primeira división galega, ata que a madurez dos seus xogadores o leven a cotas máis altas.
Pontevedra Rugby Club

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.