FIN DE SEMANA COMPLETO

CONCENTRACIÓN DE ESCOLAS DE RUGBY EN VIGO

Coa Primavera chegando multiplícanse as oportunidades dos máis pequenos do clube para desfrutar do rugby.
Comezamos este sábado, día 12 de 10:30 a 14:00 nos campos do CUVI en Vigo. Xogadores e xogadoras entre os 5 e os 12 anos de toda Galicia desfrutarán do seu deporte, na Concentración de Escolas da Federación Galega.    

                                                                                                                                                                                             12341232_843370659112118_8218652126454950205_n

Dende esta primeira Concentración as escolas reuniranse cada 15 días, despois de Lagoas de Marcosende en Vigo virá Acea da Ma en Coruña, Monteporreiro en Pontevedra e, de novo Vigo co seu torneo internacional.

Entre medias, a comezos de abril os xogadores m13 partirán cara Lisboa para participar no Portugal Rugby Youth Festival prestixioso torneo con algúns dos mellores equipos de Europa.

 

M16: PARTIDO CONTRA VIGO

Lagoas de Marcosende Vigo, Universidade de Vigo – Pontevedra Rugby Club 12:45

Importante partido, os xogadores e xogadoras do equipo m16 visitan Vigo para desputar o enfrontamento entre o segundo e o terceiro clasificado. O emocionante partido da primeira volta caeu pola mínima do lado vigués, 39-43.

 

 SELECCIÓN GALEGA M21

Antón e Nicolas Diaz Teijeiro e Sergio Calvo son os tres xogadores do PRC convocados coa Selección Galega m21 para visitar á SelecciónAndaluza no campo de Bahía en Marbella.

O partido será o domingo 13 as 11 horas cotra unha das seleccións máis potentes desre Campionato de España.

sub21-640x360 

CHARLA DE FORMACION E MUNDONEN@S SALÓN DAS FAMILIAS

O PRC non para de traballar en formación e promoción do deporte, o pasado domingo organizaba unha charla para pais, nais xogadores e adestradores sobre a formación de monitores de escolas deportivas. Coa sala chea , Chema Fernández, Susana Herves e Alberto Fernández trataron os aspectos da formación dos valores da practica deportiva e a filosofía do Pontevedra Rugby Club cara os xogadores e xogadoras máis novos.

«a escola (até os 14 anos) ten moitos obxectivos, mais ningún é crear xogadorxs de rugby» 

formación pais e nais

Este fin de semana participamos no salón das familias.

MUNDONEN@S PAXINA WEB

11-12-13 DE MARZO Recinto Feiral de Pontevedra
Venres de 16:00 a 20:30 Sábado e Domingo: 11:00 a 20:30 h.

O Pontevedra Rugby Club estará representado no Salón das Familias no Recinto Feiral , mostrando o clube as nais, pais, nenos e nenas que veñan desfrutar o venres, sábado e domingo do salón mundonen@s.

No salón poderase desfrutar dunha variada oferta de actividades, stands inforativos, inchables, demostración deportivas, contacontos, música e todo o que pode ofrecer Pontevedra en formación e lecer para toda a familia.

MUNDONENOS

Pontevedra Rugby Club

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.