O PONTEVEDRA RC NON PARA.

Chegan os meses máis atarefados do ano para o PRC.

A Escola de Rugby Pontevedra, os máis pequenos, continuan o periodo de competicións coa chegada do bo tempo.

Os m13 a desfrutar do Portugal Rugby Youth Festival.

Os m16 receben a Ingleses de Vilgarcía.

Os senior en semifinais do playoff na casa do fortisimo Campus Ourense Coosur.

 

Portugal Rugby Youth Festival 2016

Prestixioso torneo internacional o que se celebra esta fin de semana en Lisboa; alí, os xogadores e xogadoras m13 do PRC estarán ó lado nas gradas, e de fronte no campo, contra equipos de primeiro nivel mundial: clubes de Francia, Inglaterra, Gales, Irlanda; os mellores clubes de Portugal e España, competirán por un torneo no que o Pontevedra RC é un vello coñecido, xa que participa dende a sua primeira edición.

Desta vez tocalles vivir a experiencia ós m13, coma outros anos asistiron outros equipos do clube, sempre que a parte economica sexa viable.

Se queremos coñecer o nivel da competición: na sua categoría o actual campión e os londinenses da Escola Harrodian. En m15 a selección de escolas inglesas The Lambs, a selección portuguesa alzouse co titulo m17 o ano pasado mentres que, en categoría m19, foi un dos máis prestixiosos clubes europeos, Biarritz.

Unha fin de semana de rugby, de intensa competición y de conocimiento de outras culturas.

 

Os m16 a gañar, e esperar

O equipo quere gañar e asegurar o cuarto posto. Esperarará entón ós partidos de CR Ferrol, o seu contrincante na loita polo terceiro e cuarto posto.

 

O senior, a traballar en Ourense.

 

Pola sua configuración parece un equipo camiño do ascenso, o Campus Ourense Coosur reforzouse dende o hemisferio sur para ser moi competitivos. O PRC máis competitivo da temporada quere facerlles sufrir para chegar ó seu obxectivo, e, se a defensa traballa ó 120% os 80 minutos, intentar dar a sorpresa.

 

 

 

 

 

 

 

 

Pontevedra Rugby Club

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.