patrocinadores xunta de galicia co deporte galego y A Bancapatrocinadores xunta de galicia co deporte galego y A Banca

FINAIS COPA XUNTA; PONTEVEDRA RECEBE ÓS MILLORES

Pontevedra acolle as finais de Copa Xunta.

O martes 17 Día das Letras Galegas, o rugby galego citase no Campo de Monteporreiro.

 

Todo preparado para un día de rugby en Pontevedra; será o martes 17 en sesións de mañá e tarde, catro partidos para catro finais que unha vez máis, despois de cinco anos, xogaranse en Pontevedra; Dende as 11:00 hasta 20:00 rugby en estado puro.

                                                                                                   IMG-20160511-WA0000

Categoría m14. Trofeo Boutique Cárnica Celia Abal

Pontevedra Rugby Club – Universidade de Vigo. 11:00

 

Pontevedra Rugby Club e Universidade de Vigo xogaranse o trofeo Celia Abal, as 11:00 da mañá.

Os pontevedreses chegan despois de vencer brilantemente a CR Ferrol nun  partido no que o público disfrutou coa evolución dun gran grupo que xoga un rugby moi alegre e dinamico; un grupo basado en xogadores m13 e m12, polo tanto cunha grande marxe de mellora.

Enfrente o Universidade de Vigo, que venceu en semifinais a Campus Ourense e ten sido o grande domiñador da categoría ó longo da temporada.

O Universidade de Vigo e o grande favorito para alzar o trofeo Celia Abal.

 

Categoría m18.

Ingleses de Vilagarcía – Universidade de Vigo. 12:30

 

Ingleses de Vilagarcía chega ó fin de temporada coas pilas ben cargadas. Se no último partido de liga puña en moitas dificultades ó campión PRC, en semifinais da Copa atoparonse de novo e os arousans desta vez fixeronse brilantemente coa victoria, 43 – 35, derrotando ós que, a priori tiñan o selo de favoritosó titulo.

Do outro lado Universidade de Vigo tivo un partido máis sinxelo contra Campus Ourense e plantase nunha final moi aberta, terceiro e cuarto na liga que remataron igualados a puntos, calquera pode gañar.

 

Senior Feminino.

CR Lalín – Universidade de Vigo 15:45

 

Abren a sesión de tarde as xogadoras de Lalín e Vigo. Outro partido moi igualado, cunha pequena vantaxe para as viguesas, pero un equipo de Lalín nunca baixa os brazos ata o final dos 80 minutos.

 

Senior Masculino. Trofeo VEPERSA

Pontevedra Rugby Club – Ingleses de Vilagacía. 18:00

 

Partido atípico para una final atípica nos últimos anos no rugby Galego. 

O Pontevedra Rugby Club chega tras vencer a domicilio a Fendetestas de As Pontes. primeira final en categoría senior para os pontevedreses, que non teñen nada que perder nesta final.

Ingleses de Vilagarcía desfixose do CR CORETI Lalín en semifinais e chega forte a final.

Ambos equipos, especialmente Ingleses, chegan reforzados a esta final, o que dará unha cor especial a unha final atípica por moitas razóns.

De seguro moito público acodirá dende toda Galicia para desfrutar do último encontro da xornada. O gañador recibirá o Trofeo VEPERSA.

 

Tódolos equipos desfrutarán da organización do Pontevedra Rugby Club o Instituto Municipal de Deportes e o Concello de Pontevedra; os clubes celebrarán o terceiro tempo conxunto tras da última final na fábrica de Cervexa NASA.

 

 

SENIOR MASCULINO
C.R. FENDETESTAS 3 – 46 PONTEVEDRA R.C.
C.R. CORETI LALÍN 0 – 55 OS INGLESES R.C.

SUB 18
OS INGLESES R.C. 43 – 35 PONTEVEDRA R.C.
CAMPUS OURENSE COOSUR 0 – 86 VIGO R.C.

SUB 14
PONTEVEDRA R.C. 67 – 17 C.R. FERROL
VIGO R.C. 31 – 0 CAMPUS OURENSE COOSUR

FASE DE ASCENSO DIVISIÓN DE HONRA B
C.R. FERROL 35 – 34 LEVIDRIO LEÓN

 

 

 

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.