patrocinadores xunta de galicia co deporte galego y A Bancapatrocinadores xunta de galicia co deporte galego y A Banca

Tres nenas pontevedresas convértense en pioneiras da igualdade no rugby italián

Tres xogadoras pontevedresas de rugby sub 14 conseguen disputar un Torneo Internacional de Rugbyen Florencia rompendo as normas italianas que non permiten os equipos mixtos e dando una lección de igualdade

Alejandra, Eva e Uxía conseguiron finalmente disputar o Torneo Internacionalde Città de Firenze de rugby ao que asistiran con toda a ilusión xunto cos seus compañeiros do equipo Pontevedra Rugby Club. Cal foi a súa sorpresa cando o día anterior o club organizador comunícalle ao adestrador do club de rugby pontevedrés, Alberto Fernández “Grifón”que a Federación Italiana de Rugby non permite os equipos mixtos a partir dos 11 anos “algo inaudito porque en Galicia permítese en todas as categorías inferiores, e é unha realidade totalmente normalizada”. Como manifesta o adestrador pontevedrés Alberto Fernández “Grifón” “prantexámonos seriamente non participar, por ética e por darlles unha lección de igualdade aos nenos, pero finalmente comparecemos o día seguinte no Trofeo porque pensamos que aínda había partido e que non estaba todo perdido”. Tras varios partidos disputados, cando el Pontevedra Rugby Club debuta no Torneo comenza a extenderse o rumor do ocurrido coas tres nenas, que incluso queceran co equipo. Tras duras negociacións co colexio arbitral, equipo anfitrión e árbitros deciden romper as normas en prol da igualdade e que as tres nenas pontevedresas xoguen co seu equipo. “En canto me comunican que se eu me responsabilizo as deixan xogar, decido sacalas ás tres xuntas formando as tres a primeira liña da melé, ao fronte do equipo” conta o adestrador pontevedrés que admite que nese intre respirábase a emoción no estadio “chegou a un punto de que cada xogada delas era seguida dunha ovación”. A primeira consecuencia da participación das nenas pontevedresas foi que outro dos equipos italianos sacou a xogar tamén a outra nena que por primeira vez puido xogar cos compañeiros cos que sempre adestra, e deixar de ser espectadora.

Leave a comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.