Despois de duas semanas de adestramenteo o PRC desplazouse a Ponferrada para enfrentarse a Bierzo RC, moitas baixas pero boas sensacións.
extraido de www.pontevedraviva.com
Con bo pé empezou a pretempada do equipo sénior do Pontevedra Rugby Club nun ano no que se estreará na Primeira Territorial Galega.
Os lerezanos impuxéronse no seu primeiro partido do curso ao Bierzo RC (5-19) no Torneo de La Encina, celebrado en Ponferrada, no que supuxo a reedición da final de liga da Segunda Territorial disputada hai só uns meses.
Segundo informa o Bierzo RC, o partido comezou cun rápido ensaio pontevedrés, obra de Juan. A partir de aí o choque igualouse ata que xa na segunda metade Di Prima puxo o empate cun ensaio aos dez minutos da reanudación.
Nos últimos minutos o pulo do Pontevedra RC traduciuse nos dous últimos ensaios que remataron dándolle o partido e o torneo.