O Pontevedra remata a temporada cunha concentración na Lanzada.
O PRC ten un duro comezo de competición
O club xa prepara a Outubrofest
Os xogadores de Pontevedra RC desfrutaron e sufriron a partes iguais o último din de semana antes do comezo da competeción; a xa tradicional concetración de fin de pretemporada combina a convivencia do grupo con duros exercicios de forza e potencia sobre a area e dentro da auga.
Unha pretemporada que permite ós xogadores chegar en boa forma e con ritmo de competición, despois de cinco partidos en cinco semanas, catro días de preparación á semá, e a concentración da Lanzada o PRC esta preparado para afrontar a nova categoría de 1ª División Galega.
Quince equipos en dous grupos disputan as ligas galegas, o Pontevedra RC, despois de gañar a liga de Segunda División o ano pasado, e de gañar a Lalín e Ourense en pretemporada espera non pasar dificultades para conseguir o obxectivo de manter a categoría. O PRC comeza cun calendario esixente contra Vigo e Zalaeta, dous equipos destinados a estar na parte alta.
O Club tamén prepara con intensidade a proxima Outubrofest que entre o 31 de Outubro e o 3 de Novembro terá lugar no seu emplazamento tradicional da Praza do Teucro, e que serve para financiar os adestramentos e competicións da Escola de Rugby Pontevedra, que o ano pasado acolleu a máis de 110 xogadores entre 5 e 19 anos.