FIN DE SEMANA COMPLETO

10/03/2016

CONCENTRACIÓN DE ESCOLAS DE RUGBY EN VIGO

Coa Primavera chegando multiplícanse as oportunidades dos máis pequenos do clube para desfrutar do rugby.
Comezamos este sábado, día 12 de 10:30 a 14:00 nos campos do CUVI en Vigo. Xogadores e xogadoras entre os 5 e os 12 anos de toda Galicia desfrutarán do seu deporte, na Concentración de Escolas da Federación Galega.    

                                                                                                                                                                                             12341232_843370659112118_8218652126454950205_n

Dende esta primeira Concentración as escolas reuniranse cada 15 días, despois de Lagoas de Marcosende en Vigo virá Acea da Ma en Coruña, Monteporreiro en Pontevedra e, de novo Vigo co seu torneo internacional.

Entre medias, a comezos de abril os xogadores m13 partirán cara Lisboa para participar no Portugal Rugby Youth Festival prestixioso torneo con algúns dos mellores equipos de Europa.

 

M16: PARTIDO CONTRA VIGO

Lagoas de Marcosende Vigo, Universidade de Vigo – Pontevedra Rugby Club 12:45

Importante partido, os xogadores e xogadoras do equipo m16 visitan Vigo para desputar o enfrontamento entre o segundo e o terceiro clasificado. O emocionante partido da primeira volta caeu pola mínima do lado vigués, 39-43.

 

 SELECCIÓN GALEGA M21

Antón e Nicolas Diaz Teijeiro e Sergio Calvo son os tres xogadores do PRC convocados coa Selección Galega m21 para visitar á SelecciónAndaluza no campo de Bahía en Marbella.

O partido será o domingo 13 as 11 horas cotra unha das seleccións máis potentes desre Campionato de España.

sub21-640x360 

CHARLA DE FORMACION E MUNDONEN@S SALÓN DAS FAMILIAS

O PRC non para de traballar en formación e promoción do deporte, o pasado domingo organizaba unha charla para pais, nais xogadores e adestradores sobre a formación de monitores de escolas deportivas. Coa sala chea , Chema Fernández, Susana Herves e Alberto Fernández trataron os aspectos da formación dos valores da practica deportiva e a filosofía do Pontevedra Rugby Club cara os xogadores e xogadoras máis novos.

«a escola (até os 14 anos) ten moitos obxectivos, mais ningún é crear xogadorxs de rugby» 

formación pais e nais

Este fin de semana participamos no salón das familias.

MUNDONEN@S PAXINA WEB

11-12-13 DE MARZO Recinto Feiral de Pontevedra
Venres de 16:00 a 20:30 Sábado e Domingo: 11:00 a 20:30 h.

O Pontevedra Rugby Club estará representado no Salón das Familias no Recinto Feiral , mostrando o clube as nais, pais, nenos e nenas que veñan desfrutar o venres, sábado e domingo do salón mundonen@s.

No salón poderase desfrutar dunha variada oferta de actividades, stands inforativos, inchables, demostración deportivas, contacontos, música e todo o que pode ofrecer Pontevedra en formación e lecer para toda a familia.

MUNDONENOS

Comparte en redes sociales

OTRAS NOTICIAS

Temporada 2023-24 Escolas Deportivas de Promoción Municipal

Temporada 2023-24 Escolas Deportivas de Promoción Municipal

O luns 18/09/23 comeza o periodo de inscrición das Escolas Deportivas Municipais e extenderase ata o 1 de outubro. Estos son os horarios e días da actividade de rugby no PONTEVEDRA RUGBY CLUB Data nacemento       Día                Hora 2016-2018 : Mércores e venres...

leer más
Temporada 2022-23

Temporada 2022-23

Temporada de alianzas e convenios para seguir medrando.O equipo M14 xogará esta temporada cedido ao M14 de Ingleses Rugby Club, para garantir a seguridade dos e das xogadoras de ambos clubes, xa que de xogar por separado o farían moi mermados de participantes e...

leer más

Physinmotion

Physinmotion

Fisioterapia

Juan Francisco Donoso é un fisioterapeuta experto en trastorno do equilibrio e o exercicio terapéutico.

Praza Curros Enríquez, 1 36002 Pontevedra


web: https://www.physinmotion.com


Celia Abal

Celia Abal

Boutique cárnica

Carnicería Celia Abal – Mais de 40 anos traballando con carne de primeira calidade, especializada en cordero e terneira lechal.Elaborados cárnicos biolóxicos. Mercado de Abastos. R/Sierra n5 postos 7 e 9 Pontevedra.


Arbore Arqueoloxía

Arbore Arqueoloxía

Servizos Patrimoniais

Arbore Arqueoloxía e unha cooperativa adicada ó mundo da arqueoloxía ea restauración. Contan cunha ampla experiencia e formación que lles permite ofertar servizos moi variados e adaptados ás necesidades dos seus clientes

Contáctanos en:

-CIMADEVILA, CAMPOLAMEIRO (PONTEVEDRA)
-OFICINA CANGAS: PRAZA EIRADO DO SINAL 15, 2º. VIVEIRO DE EMPRESAS DE CANGAS.
-OFICINAS ITINERANTES NAS SEDES DE AJE GALICIA


e-mail: info@arborearqueoloxia.com | web: https://arborearqueoloxia.com


Vepersa

Vepersa

Concesionario Volkswagen

Vepersa, integrada en Pérez Rumbao, es una compañía formada en el año 1988 que comercializa productos y servicios de las marcas Audi, Volkswagen y Volkswagen Comerciales en Pontevedra y su entorno.

La relación con estas tres grandes marcas les ha permitido conectar con sus clientes creando una relación sólida que afianza su crecimiento progresivo, como demuestra la apertura de instalaciones en Vilagarcía de Arousa.


web: https://vepersa.com/


Webloren Soluciones gráficas y diseño web

Webloren 2.0

Soluciones gráficas-Diseño web

Adaptamos su empresa al mundo digital actual en el que “lo único constante es el cambio”.

Desarrollamos sus ideas y proyectos en medida de las necesidades de cada cliente y de los tiempos que corren, poniendo múltiples soluciones gráficas a su disposición y garantizando profesionalidad, calidad-precio y asesoramiento hasta resolver cualquier duda que se les presente.

Servicios que les ofrecemos:

* DISEÑO WEB Y DESARROLLO 2.0 (web corporativa, tiendas online y mantenimiento web/tienda online,etc)
* SOCIAL MEDIA (Redes sociales, posicionamiento buscadores, SEO, etc)
* DISEÑO GRÁFICO Y DE MARCA
* ARTÍCULOS PUBLICITARIOS
* CAD 2D
* INFOGRAFÍA 3D


Tel: 650 681 951 | web: www.weblorensolucionesgraficas.com