O PRC quere felicitar ó IES Luís Seoane e ó barrio de Monteporreiro polo premio Cidade de Pontevedra:
«O xurado concedeu o premio ao Luís Seoane, pero entendéndoo como un recoñecemento a «todo o barrio de Monte Porreiro» como símbolo de valores sociais como «compromiso, interculturalidade, inclusión, solidariedade». Carlos García, que recolleu o premio en nome de toda a comunidade educativa, agradeceu, precisamente, que este non é só un premio ao centro, «isto témolo moi claro», senón que é un recoñecemento a un traballo compartido cos pais do alumando, os veciños do barrio e os outros centros educativos públicos, EI Fina Casalderrey e EP Marcos da Portela.
O director quixo facer unha defensa «forte, aberta e sen paliativos» da escola pública como garantía da igualdade de oportunidades, «inclusiva, equitativa, igual para nenos e nenas, crítica, reflexiva e libre» e da escola como un «camiño para conseguir un mundo máis xusto, igual e sostible».
www.pontevedraviva.com
Un premio ó que o Pontevedra Rugby Club coma club deportivo deu o seu apoio, unha vez a asociación de veciños O Mirador e a ANPA do centro presentaron a candidatura.
Merecido premio a unha labor exemplar no barrio que acolle o Campo de Futbol e Rugby de Pontevedra, e onde o equipo sentese integrado. Esperamos moitos anos máis de desenvolvemento dun modelo educativo publico e de calidade integrado na comunidade que o acolle.
Discurso de Carlos García Director do IES Luis Seoane
Igualmente damos a noraboa ó outro premiado, o profesor, Calros Solla, candidatura presentada pola Asociación Vaipolorío.
Tamén a todalas candidaturas presentadas: Club de taekwondo Mace Sport, a Festa HQR! , o Espacio de coworking Arroelo e Evaristo Portela Acuña.