O noso Director Deportivo Alberto Fernández e o noso adestrador sub16, Cesar Zuazua, comezaron este agosto traballando cos rapaces e rapazas do II Campamento da Federación Galega de Rugby, que tivo lugar en Tui entre o 30 de xullo e o 11 de agosto.
Diversión, moito rugby e idiomas para as rapazas e rapaces, levados por grandes adestradores e xogador@s de todo Galicia.
Así o corpo tecnico no PRC non deixa de traballar nin un minuto, sempre preocupados pola formación das categorías de formación, non so para o PRC, senón de toda Galicia.
Agora toca centrarse na Pretemporada. Mañá poremos datas para comezar o traballo.