As Escolas de Rugby de Galicia, xogadores e xogadoras de 5 a 12 anos, concentranse en Pontevedra.
Será de 11:30 a 15:00 no campo de Rugby De Monteporreiro.
CRAT Coruña, Universidade de Vigo, Lalín RC, Muralla de Lugo, Ingleses de Vilagarcía, CR Ferrol estarán representados.
O sábado 30 a concentración de Escolas da Federación Galega de Rugby chega a Pontevedra organizada polo Pontevedra Rugby Club e a Escola de Rugby Pontevedra. Será entre 11:30 e 15:00 no Campo de Rugby de Monteporreiro.
Esperanse que uns 200 nenos e nenas de toda Galicia disfruten dunha mañá de bo tempo, rugby, e amizade nunha nova concentración de Escolas. Ó longo do ano, as concentración da Federación Galega de Rugby levan ós mais pequenos por toda Galicia: Coruña, Vigo, Lalín, Vilagarcía, Ferrol, Lugo, Ourense, As Pontes… Nunha oportunidade, non so de xogar ó rugby, senón de coñecer novos lugares e facer amigos a través do deporte que practican; a estas idades xogase sempre a un nivel non competitivo senón formativo, polo que non hai marcadores e si moita didactica por parte de adestradores e arbitros.
Este e o ambente que o rugby quere transmitir nas etapas de formación para que na seguinte etapa, a partir dos trece anos, a sana competencia e as gañas de vencer no terreo de xogo vaian acompañadas dos valores de respeto cara o rival e o arbitro aprendidos, sabendo sempre que o arbitro e unha figura a respetar, que está sobre o campo para axudarnos, e que o xogo remata cando el pita o final e o rival convertese en compañeiro co que comparte terceiro tempo.
Toda unha experiencia da man dun deporte que segue crecendo día a día en Galicia e España, onde este ano o número de ficha federativas creceu un 15% e vivironse hitos coma o que hai duas semás reuniu a 26.500 espectadores no Novo Zorrilla de Valladolid para disfrutar da final da Copa do Rey; toda unha lección de deporte e respeto que foi a admiración de todo aquel que asistiu escribiu ou leu sobre o evento, a demostración de valores do rugby de seguro vai levar cada día a máis pais e nais a confiar nos proxectos de formación dos clubes de rugby.
En Pontevedra os equipos, ademais de rugby, terán entretementos deseñados polos pais e nais da Escola de Rugby Pontevedra e desfrutarán ó final da xornada do tradicional terceiro tempo conxunto, momento de confraternizción tras de xogar no campo.
As actividades co rugby dos máis pequenos non para, e, como hai quince días as Escolas estiveron en Coruña, dentro doutros quince días tras da concentración de Pontevedra a cita será no campo do Universidade de Vigo.