Os pontevedreses conseguen o titulo de liga regular e asumen semifinais de play off en casa.
Pontevedra RC 71: Rene, Sánchez, Lomo, Lomo, Gabri, Yassin, Antón, Rafa, Nico, Iago, Alberto, Ernesto, Roberto, Petao y Rubén. tambien jugaron: Santiago y Ruben
Universidade de Vigo 7: Jorge, Xacobe, Mateo, Antón, Cheché, Franco, Isaac, Ramón, Andrés, Alex, Nacho, Casal, Sergio, Souto y Oscar. También jugaron Pablo, Dalli y Pisano
Un equipo temible para os seus rivais e unha delicia para os espectadores que, cada día en máis cantidade, acoden a ver as espectaculares evolucións dos xogadores pontevedreses. Sobre os campo quince xogadores de selección galega, seis deles seguidos pola selección española xogando un rugby moderno, de continuidade, sempre cunha opción final de pase que desconcerta os rivais que se non manteñen unha boa orde defensiva durante todo o partido atopanse cun rosario de ensaios como lle pasou este fin de semana a un bo Universidade de Vigo que non podía evitar ser desbordado por velocidade cada vez que a terceira linea local iniciaba unha xogada.
Con esta victoria o PRC gaña a liga regular e afronta semifinais, e, co permiso de Vigo, a final da liga na casa.
A semifinal non será sinxela xa que os pontevedreses terán que reaxustar o seu equipo ó perden os seus xogadores infantis, nin máis nin menos que 11 xogadores, e ó seu adestrador que estarán en San Cugat disputando con Galicia o campionato de España de categoria sub-16.