A VI Concentración das escolas de rugby de Galicia terá lugar o sábado día 18 de marzo de 2017 no Campo Municipal de Rugby de Monteporreiro, Pontevedra, a partir das 11.30h e prolongarase ata ás 14.45, hora do comezo do partido de lgua sub 16 Ourense-Pontevedra.
Está prevista a participación de uns 250 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos que pertencen ás escolas de rugby dos equipos:
No campo haberá un posto de venda de postres caseiros feitos polas nais/pais do Pontevedra RC para recaudar fondos para a viaxe que a finais de maio farán os nosos sub 14 que os levará a participar no Torneo Internacional U14 CITTÁ DI FIRENZE 2017 e o campo conta ademáis cun servizo de cafetería e bocatería.
Horario | |
11.15-11.30 h | Chegada e recepción dos clubes e control de licenzas |
12.00 h | Comezo dos partidos |
14.00 h | Fin dos partidos e entrega de obsequios |
14.00 h | Tercer tempo |
14.45 h | Partido de liga sub 16 |
Escola de Rugby Pontevedra viaja a Lugo
El sábado entre las 11:00 y las 13:30 m8, m10 y m12 vivirán una nueva jornada de convivencia
Una nueva jornada y nos vamos a Lugo, los más pequeños se desplazan por toda Galicia aprovechando la llegada del buen tiempo y la siguiente parada, tras Coruña y Pontevedra, es Lugo. Concentración Lugo 2016
Los equipos m8, m10 y m12 disputarán sus competiciones contra jugadores y jugadoras de Lugo, Vigo, Coruña, Vilagarcía, Navia y Ferrol; en esta jornada hay que añadir una incorporación muy especial, la de Lobos de Compostela en categoría m8, un club formado al amparo y con el apoyo del Pontevedra Rugby Club, cuyos jugadores participan habitualmente en las ligas gallegas con el club pontevedrés y que empiezan a dar pasos para volar por su cuenta; una gran alegría para el rugby gallego, para el Pontevedra Rugby Club y la Escola de Rugby Pontevedra.
Pontevedra acolle as finais de Copa Xunta.
O martes 17 Día das Letras Galegas, o rugby galego citase no Campo de Monteporreiro.
Todo preparado para un día de rugby en Pontevedra; será o martes 17 en sesións de mañá e tarde, catro partidos para catro finais que unha vez máis, despois de cinco anos, xogaranse en Pontevedra; Dende as 11:00 hasta 20:00 rugby en estado puro.
Categoría m14. Trofeo Boutique Cárnica Celia Abal
Pontevedra Rugby Club – Universidade de Vigo. 11:00
Pontevedra Rugby Club e Universidade de Vigo xogaranse o trofeo Celia Abal, as 11:00 da mañá.
Os pontevedreses chegan despois de vencer brilantemente a CR Ferrol nun partido no que o público disfrutou coa evolución dun gran grupo que xoga un rugby moi alegre e dinamico; un grupo basado en xogadores m13 e m12, polo tanto cunha grande marxe de mellora.
Enfrente o Universidade de Vigo, que venceu en semifinais a Campus Ourense e ten sido o grande domiñador da categoría ó longo da temporada.
O Universidade de Vigo e o grande favorito para alzar o trofeo Celia Abal.
Categoría m18.
Ingleses de Vilagarcía – Universidade de Vigo. 12:30
Ingleses de Vilagarcía chega ó fin de temporada coas pilas ben cargadas. Se no último partido de liga puña en moitas dificultades ó campión PRC, en semifinais da Copa atoparonse de novo e os arousans desta vez fixeronse brilantemente coa victoria, 43 – 35, derrotando ós que, a priori tiñan o selo de favoritosó titulo.
Do outro lado Universidade de Vigo tivo un partido máis sinxelo contra Campus Ourense e plantase nunha final moi aberta, terceiro e cuarto na liga que remataron igualados a puntos, calquera pode gañar.
Senior Feminino.
CR Lalín – Universidade de Vigo 15:45
Abren a sesión de tarde as xogadoras de Lalín e Vigo. Outro partido moi igualado, cunha pequena vantaxe para as viguesas, pero un equipo de Lalín nunca baixa os brazos ata o final dos 80 minutos.
Senior Masculino. Trofeo VEPERSA
Pontevedra Rugby Club – Ingleses de Vilagacía. 18:00
Partido atípico para una final atípica nos últimos anos no rugby Galego.
O Pontevedra Rugby Club chega tras vencer a domicilio a Fendetestas de As Pontes. primeira final en categoría senior para os pontevedreses, que non teñen nada que perder nesta final.
Ingleses de Vilagarcía desfixose do CR CORETI Lalín en semifinais e chega forte a final.
Ambos equipos, especialmente Ingleses, chegan reforzados a esta final, o que dará unha cor especial a unha final atípica por moitas razóns.
De seguro moito público acodirá dende toda Galicia para desfrutar do último encontro da xornada. O gañador recibirá o Trofeo VEPERSA.
Tódolos equipos desfrutarán da organización do Pontevedra Rugby Club o Instituto Municipal de Deportes e o Concello de Pontevedra; os clubes celebrarán o terceiro tempo conxunto tras da última final na fábrica de Cervexa NASA.
SENIOR MASCULINO
C.R. FENDETESTAS 3 – 46 PONTEVEDRA R.C.
C.R. CORETI LALÍN 0 – 55 OS INGLESES R.C.
SUB 18
OS INGLESES R.C. 43 – 35 PONTEVEDRA R.C.
CAMPUS OURENSE COOSUR 0 – 86 VIGO R.C.
SUB 14
PONTEVEDRA R.C. 67 – 17 C.R. FERROL
VIGO R.C. 31 – 0 CAMPUS OURENSE COOSUR
FASE DE ASCENSO DIVISIÓN DE HONRA B
C.R. FERROL 35 – 34 LEVIDRIO LEÓN
As Escolas de Rugby de Galicia, xogadores e xogadoras de 5 a 12 anos, concentranse en Pontevedra.
Será de 11:30 a 15:00 no campo de Rugby De Monteporreiro.
CRAT Coruña, Universidade de Vigo, Lalín RC, Muralla de Lugo, Ingleses de Vilagarcía, CR Ferrol estarán representados.
O sábado 30 a concentración de Escolas da Federación Galega de Rugby chega a Pontevedra organizada polo Pontevedra Rugby Club e a Escola de Rugby Pontevedra. Será entre 11:30 e 15:00 no Campo de Rugby de Monteporreiro.
Esperanse que uns 200 nenos e nenas de toda Galicia disfruten dunha mañá de bo tempo, rugby, e amizade nunha nova concentración de Escolas. Ó longo do ano, as concentración da Federación Galega de Rugby levan ós mais pequenos por toda Galicia: Coruña, Vigo, Lalín, Vilagarcía, Ferrol, Lugo, Ourense, As Pontes… Nunha oportunidade, non so de xogar ó rugby, senón de coñecer novos lugares e facer amigos a través do deporte que practican; a estas idades xogase sempre a un nivel non competitivo senón formativo, polo que non hai marcadores e si moita didactica por parte de adestradores e arbitros.
Este e o ambente que o rugby quere transmitir nas etapas de formación para que na seguinte etapa, a partir dos trece anos, a sana competencia e as gañas de vencer no terreo de xogo vaian acompañadas dos valores de respeto cara o rival e o arbitro aprendidos, sabendo sempre que o arbitro e unha figura a respetar, que está sobre o campo para axudarnos, e que o xogo remata cando el pita o final e o rival convertese en compañeiro co que comparte terceiro tempo.
Toda unha experiencia da man dun deporte que segue crecendo día a día en Galicia e España, onde este ano o número de ficha federativas creceu un 15% e vivironse hitos coma o que hai duas semás reuniu a 26.500 espectadores no Novo Zorrilla de Valladolid para disfrutar da final da Copa do Rey; toda unha lección de deporte e respeto que foi a admiración de todo aquel que asistiu escribiu ou leu sobre o evento, a demostración de valores do rugby de seguro vai levar cada día a máis pais e nais a confiar nos proxectos de formación dos clubes de rugby.
En Pontevedra os equipos, ademais de rugby, terán entretementos deseñados polos pais e nais da Escola de Rugby Pontevedra e desfrutarán ó final da xornada do tradicional terceiro tempo conxunto, momento de confraternizción tras de xogar no campo.
As actividades co rugby dos máis pequenos non para, e, como hai quince días as Escolas estiveron en Coruña, dentro doutros quince días tras da concentración de Pontevedra a cita será no campo do Universidade de Vigo.
Os m16 rematan a liga da mellor maneira posible
CRAT Coruña 29 – Pontevedra Rugby Club 32
Os xogadores e xogadoras de Lois Alfaya rematan a temporada en terceira posición e vencendo ó lider que plocamouse campión matematicamente neste partido.
Un equipo en continuo crecemento ó longo da temporada, que cunha liga máis longa podería ter loitado con calquera no campo; boa mostra e este último partido vencendo ó domiñador da liga que non fora doblegado hasta esta xornada, e que cos bonus ofensivo e defensivo acadados proclamase matematicamente campión a falta do partido aplazado contra Unversidade de Vigo.
A Selección Galega de Rugby prepara a segunda edición de GALEUSCAT.
Sergio Calvo do PRC, convocado coa selección galega absoluta para o primeiro adestramento preparatorio.
Boa nova para o centro pontevedrés Sergio Calvo, que ten a sua primeria convocatoria coa selección absoluta. O xogador ven de xogar coa Selección Galega m21 os partidos do Campionato de España, e este adestramento coa absoluta e xa un premio ó seu traballo da temporada.
A concentración terá lugar no campo da Federación Galega de Rugby en Acea da Ma o sábado 23 entre as 15:30 e as 19:30.
A Selección Galega prepara a terceira edición do torneo GALEUSCAT, que enfrenta as Seleccións de Catalunya, Euskadi e Galicia.
Máis resultados da xornada:
RESULTADOS 16/17-04
LIGA SUB 18 APRAZADO DA XORNADA 9
VIGO R.C. 5 – 38(B) OS INGLESES R.C.
LIGA SUB 16 XORNADA 10
CAMPUS OURENSE COOSUR 7 – 90(B) C.R. FERROL
CRAT 29(Bb) – 32(B) PONTEVEDRA R.C.
OS INGLESES R.C. 10 – 85(B) VIGO R.C.
A ESCOLA DE RUGBY PONTEVEDRA VISITA CORUÑA
Primeira concentración de escolas da Primavera, a mañá do sábado pasaremola en Coruña, visitando os nosos compañeiros e compañeiras do CRAT, e enfrontadonos a el@s e as demais escolas de rugby galegas.
Moita diversión xa que en 15 días os encontros transladanse a Pontevedra, que recibirá as escolas de Galicia, e 15 días despois saltaremos a Vigo completando o Eixo Atlantico.
OS M18 A ASEGURAR A LIGA REGULAR
Os de Cesar Zuazua visitan Vilagarcía para seguir descontando datas cara os playoff e mellorar o seu xogo colectivo.
NON OLVIDEDES QUE TEDES A FINAL DA LIGA GALEGA I ENTRE OURENSE E FERROL EN DIRECTO NA PAXINA PASIONMC.COM
Os dous grandes favoritos CAMPUS OURENSE COOSUR e CLUB RUGBY FERROL desputarán este sábado ás 15:00 en Ourense a final da Liga Galega I. Xa dende o principio de liga os dous equipos amosaron a súa diferencia sobre o resto dos rivais o que lles permitíu plantarse na final cumplindo os prognósticos. O espectáculo está garantido para todos aqueles que se desplacen ata as instalacións universitarias de Ourense e para os que non poidades ir, teredes a oportunidade de seguilo a través da canle de pasionmc.com.
PROGRAMACIÓN FIN DE SEMANA
FINAL LIGA GALEGA I
CAMPUS OURENSE COOSUR – C.R.FERROL/09-04/15:00/Campus Universitario/Francisco Cobas-Juan Porcu-Simón Lorenzo Directo por pasionmc.com
PLAY OFF ASCENSO/DESCENSO (VOLTA)
C.R. FENDETESTAS – C.R. CORETI LALÍN/09-04/17:00/Monte Medulio/Tirso López
LIGA SUB 18 XORNADA 10
C.R. CORETI LALÍN – CRAT/09-04/11:00/Barcia/Julio Orozco
CAMPUS OURENSE COOSUR – UNIV. VIGO R.C./09-04/12:00/Campus Universitario/Juan Porcu
OS INGLESES R.C. – PONTEVEDRA R.C./09-04/16:00/Fontecarmoa/Juan Parga
LIGA SUB 14 XORNADA 10
C.R. FERROL – CRAT/10-04/11:00/A Malata/Xosé Cendán
CAMPUS OURENSE COOSUR – UNIV. VIGO R.C./09-04/11:00/Campus Universitario/Simón Lorenzo
CONCENTRACIÓN DE ESCOLAS /09-04/de 11:00 a 13:30/Acea da Ma
DIVISIÓN DE HONRA MASCULINA B
CRAT – AVIA EIBAR/10-04/12:00/Acea da Ma/Luis Santos
OVIEDO RUGBY – BLUSENS NETWORKS UNIVERSIDADE VIGO/09-04/16:00/Eki Fanlo